CRTVG

Buscar

O BNG proclama a Ana Pontón como candidata á presidencia da Xunta

Publicado o 11/01/2020 14:33

O BNG proclamou esta mañá a Ana Pontón como candidata á presidencia da Xunta nas próximas eleccións galegas. A voceira nacional adiantou que o 2020 será o ano do cambio en Galicia e que o Bloque ten un proxecto sólido, como xa amosou en Madrid.
Sen ningún voto en contra, o Consello Nacional amosáballe o seu apoio unánime á candidata, que chamou a seguir traballando para mobilizar unha maioría social que, dixo, expresa xa o cambio de rumbo.
Ana Pontón gabou o traballo do seu grupo na negociación en materias de infraestruturas, do tecido industrial e do benestar social e de igualdade. Insistiu en que estes acordos poñen en evidencia a falta de proxecto de país que tivo Feijoo durante estes últimos anos.
"É a antesala do que queremos conseguir nas vindeiras eleccións galegas. Por iso neste inicio de ano a prioridade do BNG é moi clara. Imos traballar para que 2020 sexa o ano do cambio real en Galiza, para darlle carpetazo a esta década de recortes, submisión e irrelevancia política de Feijoo."

Noticias web

11/01/2020