CRTVG

Buscar

O BNG e outros sete partidos reclaman a excarceración de presos anciáns enfermos

Publicado o 11/05/2020 16:03

O Bloque Nacionalista Galego, Podemos, PNV, ERC, Junts per Cataluña, Más País, Compromis e EH Bildu reclaman a liberación de presos enfermos, maiores de 65 anos e coas tres cuartas partes da súa condena cumpridas.

Deste xeito poderíase contribuír a evitar, segundo explican, os contaxios por coronavirus dentro das prisións.

Estas formacións asinaron un manifesto que pon de relevancia que a crise sanitaria xerada pola pandemia está tendo un impacto "moi forte" nos cárceres. Por iso instan ao Goberno a seguir as recomendacións da Oganización Mundial da Saúde ou o Consello de Europa.

Tamén piden o "achegamento xeográfico xeneralizado" dos presos aos centros próximos aos seus domicilios e a ampliación das comunicacións coas súas familias.

Noticias web

11/05/2020