CRTVG

Buscar

O BNG pídelle á Xunta medidas de apoio á cultura galega

Publicado o 07/04/2020 19:54

O BNG amosa a súa preocupación pola cultura. A voceira nacional cre que o sector vive unha "especie de ere encuberto" pola paralización da actividade que implica o estado de alarma. Ana Pontón urxe a Xunta a que tome medidas extraordinarias para paliar a precarización da cultura galega por esta crise sanitaria.

"Deberíanse artellar medidas de compensación extraordinarias ante unha siuación tan difícil. Artellando medidas específicas, poñendo en marcha un plan para que a TVG faga unha aposta pola programación cultural ou reprogramando o Xacobeo 2021 para que a gran protagonista dese evento sexa a nosa cultura", di Ana Pontón, voceira nacional do BNG.

Noticias web

07/04/2020