CRTVG

Buscar

O BNG organiza unha cadea humana pola autodeterminación

Publicado o 06/12/2019 15:17

O BNG asegura que non ten nada que celebrar no aniversario da Constitución española e si moito que reivindicar. Con ese fin, co de reivindicar a autodeterminación, organizaron a cadea humana arredor do Museo do Pobo Galego.

Dirixentes e simpatizantes asistiron a este acto, en que a voceira nacional dixo que a Constitución non serviu para garantir dereitos nin liberdades, nin para defender os intereses de Galicia, por iso, avogou por romper o marco legal.

Ana Pontón, voceira nacional do BNG: "Apostando con normalidade porque se asuma que España é plurinacional, pluricultural, plurilingüe. E que hai que avanzar en dereitos, en dereitos sociais e liberdades públicas, pero tamén en dereitos colectivos porque o dereito a decidir é un dereito que existe e non se pode negar baixo ningunha circunstacia".

O BNG considera que a Constitución serviu para blindar o poder de Madrid e tamén para defender os privilexios da elite económica.

Noticias web

06/12/2019