O BNG esixe compromisos por escrito para apoiar a investidura
Publicado o 18/12/2019 19:05
O PSOE busca tamén o apoio dos partidos máis minoritarios, que intensifican as súas demandas para apoiar a investidura.
Esta mañá Adriana Lastra reuniuse cos representantes do Bloque Nacionalista Galego. O único deputado desta formación, Néstor Rego, non asegura polo momento un voto a favor. Para apoiar a Pedro Sánchez, o BNG quere un documento con compromisos concretos para Galicia.
Néstor Rego, BNG: "Se non hai un acordo satisfactorio para nós evidentemente non haberá un voto favoble. E entón veremos se optamos polo non ou pola abstención".