CRTVG

Buscar

O BNG cualifica de "aberración democrática" a instrución sobre o voto de discapacitados

Publicado o 04/04/2019 15:56

O BNG critica a instrución da Xunta Electoral Central que permite aos responsables das mesas electorais apuntar os datos das persoas con discapacidade que sospeiten que non exercen o voto libremente. Ana Pontón cre que esta instrución é unha "aberración democrática" que vai contra un dereito que é unha "conquista" social.

Ana Pontón: "Imos declararnos insubmisas á aplicación desa instrución, que consideramos que está violando o dereito ao voto das persoas con discapacidade. Ningunha persoa que estea na mesa pode decidir quen pode ou non votar, ese é un dereito de todos. É unha auténtica aberración democrática".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019