CRTVG

Buscar

O BNG comprométese a crear un banco público de vivenda

Publicado o 30/06/2020 15:20

O BNG fixo parada en Vigo esta mañá para escoitar as demandas da mocidade. A candidata á presidencia da Xunta mantivo un encontro con xente nova para explicarlles as propostas de goberno do BNG.

Ana Pontón comprometeuse con eles a crear un banco público de vivenda e un fondo social para alugueiro. Tamén dixo que vai impulsar un plan retorna para que os investigadores que marcharon poidan regresar de novo a Galicia.

 

Noticias web

30/06/2020