CRTVG

Buscar

O BNG apela ao espírito rosaliano para que haxa un cambio real o 5 de abril

Publicado o 24/02/2020 13:58

O BNG apela ao espírito rosaliano para que haxa un cambio real o 5 de abril. Nun acto celebrado en Santiago para conmemorar o 183 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, Ana Pontón, candidata á Xunta polo BNG, asegurou que a escritora encarna os valores de defensa da lingua e cultura galegas coas que está comprometido o BNG e avanzou que unha das primeiras medidas que tomará como presidenta da Xunta será derrogar o decreto do plurilingüismo.

 

Noticias web

24/02/2020