CRTVG

Buscar

O Black Friday xerará 8.300 empregos en Galicia

Publicado o 19/11/2019 15:26

O coñecido como o Black Friday, ou 'venres negro', supón un importante pulo para o comercio e tamén para o emprego.

Segundo as estimacións das empresas de traballo temporal, crearanse en Galicia 8.300 empregos, un 5,2% máis que o ano pasado. Uns 4.000 serán na provincia de Pontevedra, 3.700 na Coruña, uns 500 en Lugo e pouco máis de 200 en Ourense.

Moitas das compras serán a través de Internet. O transporte, as empresas de mensaxería e loxística son xunto ao téxtil son as que máis empregos xeran. En España prevense máis de 200.000 contratacións, superando xa a campaña do Nadal.

O 'venres de compras', importado dos Estados Unidos, será o vindeiro día 29. Consolídade xa tamén aquí como unha das citas comerciais do ano e de maior aumento das contratacións temporais, moitas alongaranse ata despois das rebaixas de xaneiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019