CRTVG

Buscar

O bebé milagre de Portugal ten mes e medio e xa está na casa co seu pai

Publicado o 08/05/2019 16:00

Salvador, o neno milagre de Portugal, xa está na casa co seu pai. O bebé nacera hai mes e medio estando súa nai en morte cerebral. Os seus familiares decidiron manter a muller con vida para que o neno sobrevivira.

E mentres todo Portugal coa mirada posta neste hospital Sao João do Porto, pendentes da saúde do pequeno Salvador. Xa está na casa co seu pai, aínda que é prematuro e terá que vir case a diario controlar o seu peso. Os avós din que está forte e que se parece a súa nai.

Catarina, de 26 anos, sufriu unha forte crise de asma o pasado mes de decembro estando embarazada que derivou nun coma profundo e, ao pouco, en morte cerebral. A súa familia decidiu mantela con vida 3 meses artificialmente ata que o nacemento do neno fose viable.

A familia di que é unha noticia agridoce, pero que tomaron a decisión porque era o que Catarina querería. Salvador naceu pesando pouco máis de quilo e medio e hoxe pesa dous quilos e catrocentos gramos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019