CRTVG

Buscar

O Barcelona golea o Alavés e conserva o liderado da liga

Publicado o 22/12/2019 12:26

Hai partidos que se presentan na liga como un recurso. Sucedeu onte no Camp Nou. O Barcelona, resentido tras o clásico, recibía o Alavés coa necesidade de superar a resaca branca para pasar directamente á de Nadal. As ansias de reivindicarse levaron os culés a dominar o encontro nos seus primeiros compases. Así se chegou ao 2-0. A partir de aí entrouse noutro ciclo.

"Está claro que aínda podemos mellorar moito. Pero ás veces gañamos sen xogar ben. Tamén hai que mirar iso e non só as cousas negativas", asegura Jordi Alba.

Como sucedera outras veces a ansiedade deu paso á complacencia. E a complacencia fixo tremer o marcador cunha testarada de Pere Pons.

"Temos que estar preparados ante ese momento de dúbida en que parece que che moven a silla cando xa o tiñas todo controlado. Creo que respondemos ben", afirma Ernesto Valverde. 

O Alavés, ata entón inofensivo, espertou as pantamas e fixo intervir o de sempre cun gol tantas veces executado, o número 50 deste 2019, o décimo terceiro da liga.


O 3-1 puxo fin ao suspense no Camp Nou. O Barcelona, préso dos seus altos e baixos e en busca constante do estilo que se lle presupón, amarrou o liderado dende os once metros, logo de que o árbitro concedese penalti por man de Aguirregabiria na área. Luis Suárez, onte rematador e asistente, asinou o 4-1.


Agás que o Real Madrid golee esta noite o Athletic, o Barcelona despedirá o ano na primeira praza. Veremos se no 2020 se confirma esa progresión en que confía o equipo, imbatible de momento no Camp Nou.
 

Noticias web

22/12/2019