CRTVG

Buscar

O Barça prepara o choque ante o Bayern de Múnic

Publicado o 13/08/2020 22:30

Na Liga de Campións, mañá é a quenda do Barcelona, que se enfronta ao Bayern de Múnic.
Curiosamente, o Barça e o Bayern son os dous únicos campións que seguen vivos en cuartos de final. Ningún dos demais equipos gañou nunca a competición continental. Esta mañá a expedición azulgrá chegaba a Lisboa, entre os berros dos fans por ver a Messi e a Piqué; e esta tarde, realizaron o seu primeiro adestramento no escenario do partido, no emblemático Estádio da Luz. A anécdota no adestramento foron os lapotes a Riqui Puig, que hoxe fai 21 anos.

Noticias web

13/08/2020