CRTVG

Buscar

O Banco de España reduce catro décimas o crecemento para este ano

Publicado o 24/09/2019 15:10

España medrará este ano un 2%, segundo o Banco de España. O organismo rebaixa catro décimas o que eles mesmos prevían hai tres meses.

Óscar Arce, director xeral de Economía e Estatística do Banco de España, di que "a economía española estaríase desacelerando dun modo algo máis intenso do que anticiparamos en xuño".

Tamén lle restan dúas décimas á súa previsión do ano que vén e unha á de 2021. O seu pesimismo baséase nas dúbidas que rodean o brexit ou as tensións comerciais entre A China e Estados Unidos, pero tamén nos primeiros sinais de empeoramento do investimento das nosas empresas e do consumo doméstico. Ademais, constatan que o verán portouse peor do esperado co emprego.

O director xeral de Economía e Estatística do Banco de España, tamén di que "o ritmo de creación de emprego, a grandes rasgos, reduciuse á metade desde maio a esta parte".

Por iso agora calculan que ao final de 2021 o paro estára no 13%, en vez do 12% que estimaban en xuño. O Banco de España non inclúe a falta de goberno entre os lastres da economía, pero advirten que a indefinición política e a falta de reformas é un risco a longo prazo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019