CRTVG

Buscar

O balneario de Caldelas reabre despois de cinco meses pechado

Publicado o 31/08/2020 14:07

O balneario de Caldelas, en Tui, reabre con todos os protocolos de seguridade contra a covid-19 despois de cinco meses de peche. As súas augas termais son cloradas-sódicas, sulfuradas e radiactivas polo que están indicadas para tratamentos respiratorios.

O balneario ofrece tratamentos respiratorios específicos para tratar afeccións como a sinusite ou a bronquiolite, entre outras.

Nesta etapa de pandemia, o balneario organizou un plan especial para os clientes que acudían a través do Imserso, para que accedan ao servizo mentres non se retome o programa.

 

 

Noticias web

31/08/2020