CRTVG

Buscar

O avogado de Sito Miñanco e de Puigdemont, procesado por branqueo de capitais

Publicado o 18/01/2021 09:00

A xuíza da Audiencia Nacional ten previsto comunicar nas próximas horas o procesamento do avogado de Sito Miñanco, Gonzalo Boye, por presunta participación nun entramado criminal para branquear cartos do narcotráfico. Ao letrado, que tamén exerce a defensa do expresidente catalán Carles Puigdemont, atribúelle así mesmo un delito continuado de falsificación en documento oficial. A xuíza tamén procesará outras 45 persoas por estes delitos, entre elas o propio Sito Miñanco.

Noticias web

18/01/2021