CRTVG

Buscar

O avogado de Rosario Porto, impactado pola súa morte

Publicado o 19/11/2020 21:20

• Aranguren segue defendendo a inocencia de Rosario Porto

O avogado José Luis Gutiérrez Aranguren segue defendendo a inocencia de Rosario Porto. Di que aínda non foi capaz de asimilar a noticia, pero que non se sorprende deste desenlace.

"Era algo que había que ter en previsión. Había temporadas que a vía mellor, pero outras estaba totalmente afundida. Unha absoluta desgraza que quedou na memoria colectiva como asasina da súa filla, cousa que estou en condicións de asegurar que non foi a autora deste crime", di.

Un xulgado de Ávila investiga as circunstancias da morte de Rosario Porto. A acusada de matar a súa filla Asunta apareceu aforcada este mércores na súa cela da prisión de Brieva. De entrada, todo parece indicar que se suicidou de forma premeditada. Non deixou nota, pero recolleu todas as súas cousas e meteunas en bolsas. Mentres agarda os resultados da autopsia, a policía estuda un caderno atopado na cela.

Noticias web

19/11/2020