CRTVG

Buscar

O aviso amarelo por calor manterase durante a fin de semana na cunca do Miño

Publicado o 11/09/2020 21:01

Catro e media da tarde e as rúas quedan baleiras en Ourense. Moita calor, con case 37 graos os que poden aproveitan para tomar o sol e refrescarse nas beiras do Miño.

Segue o tempo de verán con sol e altas temperaturas por riba dos 36 graos na zona do Miño ourensán e que son ben recibidas neste setembro para os que apuran os ultimos días de vacacións.

A fin de semana seguirá sendo calorosa e con aviso amarelo na cunca do Miño de Ourense e Pontevedra por altas temperaturas. Gocen do bo tempo, porque veñen cambios.

Noticias web

11/09/2020