CRTVG

Buscar

O aviso amarelo por calor mantense este martes na conca do Miño

Publicado o 22/06/2020 21:33

Chegou o verán a Galicia. E fíxoo con forza, cun episodio de calor que deixou a conca do Miño en Ourense en aviso amarelo. E mañá volverá ser un día de moita calor. 

Parte da provincia de Ourense terá este martes, 23 de xuño, aviso amarelo por calor nunha xornada en que se esperan temperaturas superiores aos 36 graos centígrados. En concreto, o aviso amarelo estará activado entre as 15.00 e as 21.00 horas deste martes na zona do Miño en Ourense e na área de Valdeorras.

Noticias web

22/06/2020