CRTVG

Buscar

O avance do virus en Europa provoca un endurecemento nas restricións

Publicado o 11/01/2021 16:30

En xeral, Europa aumenta as restricións e prepárase para afrontar semanas duras polo avance do coronavirus.

En Bélxica, o Goberno non pensa relaxar as restricións porque, por primeira vez en semanas, están aumentando os contaxios en todo o país un 14%. En Bruxelas dispáranse os casos de corovavirus un 76%.

Tamén preocupa a situación en Alemaña, que superou os 40.000 mortos e que nas últimas horas rexistrou 12.000 novos casos de coronavirus. A incidencia situouse nos últimos sete días nos 162 infectados por cada 100.000 habitantes, moi lonxe do obxectivo do Goberno que era de 50.

Francia rexistrou tamén nas últimas horas algo máis de 20.000 contaxios e outros oito departamentos de todo o país entraron onte no toque de recollida reforzado, é dicir, desde as 6 da tarde ata as 6 da maña. Bares e restaurantes seguirán sen abrir, como pouco, ata mediados de febreiro.

Polo tanto,  Europa blíndase para tentar frear a expansión do virus.

 

Noticias web

11/01/2021