O avance da pandemia ralentízase en Italia, onde diminúe a presión hospitalaria
Publicado o 26/01/2021 16:10
En Italia, o avance da pandemia parece ralentizarse. Rexistráronse 8.500 contaxios na última xornada, é o menor aumento dende o pasado mes de outubro.
Esta é a menor suba dos últimos tres meses, pero tamén é certo que as cifras responden a que se fixeron menos probas durante os últimos días. O que si se nota nesta semana é unha baixada na presión hospitalaria. Hai 2.300 persoas menos ingresadas. En cambio, aumentaron os pacientes nas UCI. Italia foi un dos países europeos que aplicou maiores restricións durante as festas de Nadal.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 22:48
08/03/2021 21:45