CRTVG

Buscar

O aumento de demanda de casas no rural reactiva o bando de vivendas na comarca de Monterrei que xa conta con 40 propiedades

Publicado o 07/09/2020 21:24

Hai máis demanda de vivendas no rural e o chamamento do Centro De Desenvolvemento Rural de Vilardevós para dar a coñecer a través da redes sociais o proxecto 'Volver á aldea' está dando moi bo resultado.

En poucos días o banco de vivendas na comarca de Monterrei pasou de 21 a 40 casas para vender, sobre todo en Oímbra, Laza e Vilardevós.
E a xente que vive o rural ou ten casas baleiras está desexando que veñan a vivir nelas.

Desde o Centro de Desenvolvemento de Rural Portas Abertas de Vilardevós tratan de favorecer que as persoas que queren vivir no rural poidan facelo.
 

Noticias web

07/09/2020