CRTVG

Buscar

O atragoamento, terceira causa de morte non natural en España

Publicado o 20/09/2019 15:09

Só en 2017, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, morreron en España por causa dun atragoamento 2.336 persoas. O coñecemento de técnicas de reanimación e primeiros auxilios é clave para evitar os falecementos neste tipo de situacións. Por iso, na Coruña poñen en marcha unha nova campaña de información. O obxectivo, ter claro como actuar ante unha persoa atragoada.

Animala a que tusa, darlle unhas palmadas nas costas, e se temos unha parada cardiorrespiratora, facer manobras de reanimación cardiopolmunar. A idea é que todos sexamos quen de salvar unha vida, explica un dos promotores da campaña.

Os expertos tamén recomendan chamar o servizo de emerxencias mentres se trata de axudar a vítima. Os atragoamentos son a terceira causa de morte non natural no noso país. As persoas maiores e os nenos están entre os grupos de maior risco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019