CRTVG

Buscar

O Atlético de Simeone supera a fase de grupos por sexta vez

Publicado o 11/12/2019 23:14
O Atlético de Simeone supera a fase de grupos por sexta vez

O Atlético de Madrid do arxentino Diego Simeone completou a súa clasificación fronte ao Lokomotiv de Moscova (2-0) para superar a fase de grupos da Liga de Campións por sexta ocasión en sete participacións co técnico arxentino.

Xogará os oitavos de final por décimo terceira vez nas súas quince presenzas no torneo. O conxunto braco e vermello cumpriu hoxe coa necesidade que lle esixía a última xornada do grupo D: o triunfo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí