CRTVG

Buscar

O Atlético de Madrid traballa coa mente posta no Leipzig

Publicado o 08/08/2020 18:47

 

E o Atlético de Madrid continúa preparándose para o seu partido de cuartos de final do vindeiro xoves en Lisboa ante o Leipzig alemán.


O equipo de Simeone realizou hoxe unha suave sesión de adestramento, con moitas precaucións e reparto de cargas de traballo. Homes como Mario Hermoso, Lodi ou Diego Costa só completaron uns minutos da sesión. O luns partirá a expedición cara a Lisboa para afrontar a recta final do soño de conseguir a primeira Champions da súa historia.

Noticias web

08/08/2020