CRTVG

Buscar

O asasinato da pequena Fátima en México revela un regueiro de neglixencias nas institucións

Publicado o 19/02/2020 13:57

O brutal asasinato dunha nena de sete anos en México revelou un regueiro de neglixencias nas institucións públicas. Admitiuno o propio Goberno da capital, que asegura que este crime non quedará sen resposta.

Multitudinario e derradeiro adeus á pequena Fátima na capital mexicana.

Milleiros de persoas acompañaron a familia da rapaza, que desaparecera o pasado día 11 ao saír do colexio e que apareceu días despois brutalmente asasinada nun descampado.

O Goberno da capital admitiu a neglixencia das institucións, que tardaron catro días en atopar este vídeo da mesma tarde da desaparición.

Nel pódese ver a Fátima camiñando na compaña dunha muller que a policía di que ten xa identificada e que está a ser buscada.

A Fiscalía dixo que resolvería o crime e confirmou que a pequena fora golpeada e violada.

As autoridades gardan silencio sobre os motivos do crime, pero desbotaron que se trate dun caso de tráfico de órganos.

A morte de Fátima e doutra muller a semana pasada desataron unha auténtica conmoción en México pola súa crueldade.

A indignación medra nun país en que o ano pasado foron asasinadas máis de mil mulleres.

Noticias web

19/02/2020