CRTVG

Buscar

O asalto a unha nave industrial en Sarria deixa miles de euros en perdas

Publicado o 30/12/2019 13:57

A Garda Civil investiga o asalto a unha nave industrial nun polígono de Sarria. Os ladróns, catro individuos que levaban a cara tapada, fixéronse cun botín que ascende a varios miles de euros.

Os cartos que levaron correspondían á recadación procedente da venda de pensos. Nas mesmas instalacións, que pertencen ao grupo Aira, tamén se fixeron coa recadación das máquinas expendedoras, que quedaron estragadas.

O montante total das perdas está pendente de ser avaliado, pero estímase que é importante.

Noticias web

30/12/2019