CRTVG

Buscar

O Arde Lucus é unha das festas, festivais ou verbenas que non se celebran este 2020

Publicado o 26/04/2020 17:34

Nin celtas, nin romanos, nin desfiles, nin xente polos viños nin música. O coronavirus fixo que as rúas de Lugo agora sexan outras e, finalmente, cancelouse a celebración do Arde Lucus, unha das festas con maior poder de convocatoria do norte peninsular.

O Arde Lucus supón grandes ingresos para o tecido empresarial da cidade, non só para a hostelería e o turismo. Unha festa que beneficia a todos, pero as circunstancias tan aciagas impuxéronse.

Este martes o Concello e as asociacións que colaboran no Arde Lucus vanse reunir telematicamente buscando alternativas para que esta edicion da festa deixe tamén a súa pegada.

Das circunstancias tamén depende a celebración do San Froilán e o Caudal Fest, outros dous grandes eventos que alimentan o espírito festivo e a economía da cidade. Prudencia, polo tanto, á espera de ver como evoluciona a desescalada.

Noticias web

26/04/2020