CRTVG

Buscar

O arcebispo de Santiago non desbota que o Xacobeo se poida prolongar máis alá de 2021

Publicado o 08/06/2020 15:34

Novidades sobre a celebración do Ano Santo en Galicia. O arcebispo de Santiago non desbota que o Xacobeo se poida prolongar máis alá de 2021. Insistiu, iso si, en que a Porta Santa se abrirá o día 31 de decembro deste ano, sempre que a evolución da pandemia o permita.

Xulián Barrio tamén di que, polo de agora, non poden garantir que os actos do Apóstolo se poidan celebrar na catedral.

Noticias web

08/06/2020