CRTVG

Buscar

O anticiclón e o nordés marcarán a semana meteorolóxica

Publicado o 06/07/2020 14:28

Malia que amenceu nubrado en boa parte de Galicia a tarde vai ser soleada agás na Mariña lucense e no norte da provincia da Coruña. A previsión anuncia unha semana de sol e calor en Ourense e Pontevedra con avisos amarelos por altas temperaturas e sol con vento de nordés no litoral norte.

"Esa circulación do nordés deixa máis nubes e temperaturas máis baixas, hoxe tenden a descencer", di Diego Viaño, xornalista do departamento do tempo da TVG.

A semana meteorolóxica prevese moi típica do verán galego, con anticiclón, o que significa sol, pero coa persistencia do vento.

"O vento fai facer incomoda a praia na zona norte onde as temperaturas erán suaves, pero podese agradecer na Rías Baixas, onde vai facer calor estes días", engade Viaño.

Non só no sur agradecen o aire. Moitos cidadáns, galegos ou visitantes, están contentos co tempo que vai.

"Agradezo moito esat brisa", di unha moza recén chegada de Barcelona. "Fai un tempo estupendo, mellor que en Inglaterra", comenta un peregrino.

As comarcas de Ourense e Pontevedra máis á beira do Miño e da raia con Portugal terán avisos amarelos, xa que poden superar os 36 graos.

 

Noticias web

06/07/2020