CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aprobará este martes o anteproxecto dos presupostos

Publicado o 26/10/2020 10:03

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciará na XXIII Conferencia de Presidentes que se celebra este luns que o anteproxecto de orzamentos xerais do Estado será presentado polo Executivo este martes e aprobado no Consello de Ministros.

Segundo informou Moncloa, o xefe do Executivo lembrará aos presidentes de comunidades e cidades autónomas, xunto á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, que este anteproxecto incluirá un importante adianto nos PXE de 2021 de 27.000 millóns de euros con cargo aos fondos europeos.