CRTVG

Buscar

O alcalde de Ourense nega as acusacións e denuncias dos seus compañeiros de partido

Publicado o 29/08/2020 15:05

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, responde nas redes sociais á denuncia de edís do seu partido, Democracia Ourensana, en que o acusan de opacidade e autoritarismo.

Jácome afirma que o comunicado é un exercicio de cinismo que só se debe a un dos concelleiros, Miguel Caride.

O alcalde ourensán nega todas as acusacións e insiste en que a crise non vai levar por diante o pacto de goberno co grupo popular.

Noticias web

29/08/2020