CRTVG

Buscar

O alcalde de Ferrol quere optar á reeleción

Publicado o 02/06/2018 21:35

O alcalde de Ferrol, Jorge Súarez quere repetir como candidato no 2019.

Esta tarde, anunciaba a súa intención de presentarse a reelección, se a militancia así o decide. Foi no acto de clausura do terceiro aniversario do goberno de Ferrol En Común.

Unha celebración na que participaron o rexedor coruñés,  Xulio Ferreiro e alcaldesa accidental de Santiago,  María Rozas, en substitución de Martiño Noriega de baixa por paternidade, amais de concelleiros das mareas de Vilalba e As Pontes.

Súarez avogou  pola "fraternidade" e a "lealdade" como cimentos da unidade popular.  

Noticias web

02/06/2018