O albergue do mosteiro de Oseira recibirá peregrinos no próximo Xacobeo
Publicado o 23/11/2020 14:06
O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda achegouse esta mañá ata o mosteiro de Oseira para visitar as obras do futuro albergue de peregrinos.
A actuación, orzamentada nun millón de euros, contempla a remodelación do albergue que xa existía no mosteiro pero tamén a construción dunha nova edificación.
Está previsto que no 2021 poida xa recibir hóspedes e estar incorporado á rede de albergues públicos da Vía da Prata.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 09:11
26/01/2021 09:02