CRTVG

Buscar

O acusado do crime da rozadoira recoñece os feitos e di que actuou por medo

Publicado o 26/03/2019 20:01

Durante hora e media, o acusado, José Luis Viéitez, explicou o que pasou o 17 de xuño de 2017, cando atacou mortalmente cunha rozadoira o seu veciño José Carlos e deixou ferida grave a filla, Jessica. Dixo que ese día estaba rozando as herbas no camiño de acceso ás dúas vivendas, un camiño polo que xa tiveran numerosos enfrontamentos, pensando que o seu veciño non estaba na casa. Cando os viu saír do portal sentiu medo e pensou en defenderse.

José Luis asegurou que non tiña intención de matar a ninguén, que só pretendía amedrentar a José Carlos, pero que durante a agresión perdeu o control dos seus actos. O acusado tamén dixo que ten pesadelos acotío co veciño polos numerosos enfrontamentos e desavinzas anteriores entre eles, como unha agresión cunha barra de ferro. Tamén recoñeceu que está a tratamento psiquiátrico, malia que descontrolaba a medicación.

Noticias web

26/03/2019