CRTVG

Buscar

O acusado de matar a Marta Calvo di agora que morreu practicando sexo con drogas

Publicado o 05/12/2019 20:52

A Garda Civil ten previsto reconstruír os feitos relacionados coa desaparición e morte de Marta Calvo. Os investigadores están convencidos de que a moza valenciana, que despareceu tras citarse por Internet con Jorge Ignacio Palma, morreu de xeito violento. E desde o primeiro momento el foi o único sospeitoso.

Pero o mércores presentouse voluntariamente no cuartel de Carcaixent, sen avogado, e contoulles aos axentes que coñecía a Marta Calvo, que quedara con ela na súa casa da localidade de Manuel, que tiveran sexo e que consumiran drogas. Despois, sempre segundo a súa versión, a moza morreu e el, que xa ten antecedentes, decidiu desfacerse do corpo. Despezouna e repartiu os restos en colectores.

Os axentes que investigan o caso cren que intenta desviar a atención para impedir que localicen o corpo de Marta, e evitar así unha acusación de homicidio ou asasinato. Unha autopsia demostraría se a morte foi violenta ou por consumo de drogas. De momento, a inspección dos vertedoiros da zona non deu resultado.

Noticias web

05/12/2019