CRTVG

Buscar

O acusado de asasinar a Ana Enjamio seguirá en prisión ata o xuízo

Publicado o 25/05/2019 21:10

O acusado de asasinar a moza de Boqueixón Ana Enjamio seguirá en prisión provisional ata a celebración do xuízo. Segundo publica o Atlántico Diario, a sección cuarta da Audiencia Provincial ratificou a decisión do Xulgado de Violencia de Xénero de prorrogar por dous anos a súa estadía no cárcere.

A Fiscalía considera a César Adrio, ex-parella da vítima, autor dun delito de asasinato con aleivosía e asañamento e doutro de acoso. Pídelle 27 anos de cadea. Ana Enjamio fora acoitalada ata morrer no portal da súa casa en Vigo no mes de decembro de 2016.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019