CRTVG

Buscar

O accidente de Redondela en que morreron tres adolescentes debeuse a un exceso de velocidade

Publicado o 06/02/2020 21:00
O accidente de Redondela en que morreron tres adolescentes debeuse a un exceso de velocidade

Xa se coñece a causa do accidente de tráfico na AP-9 en que morreron tres adolescentes de Redondela o pasado mes de maio. Un informe de Tráfico acaba de concluír que o coche ía a 137 km por hora nunha zona limitada a 100. Os axentes apuntan a este exceso de velocidade como causa do sinistro. O vehículo saíu da estrada nunha curva e acabou chocando contra un piar do viaduto. O condutor e o copiloto sobreviviron. O rapaz que levaba o coche deberá responder agora ante a xustiza.


 

Noticias web

06/02/2020