CRTVG

Buscar

O absentismo laboral toca máximos e medra un 10% respecto ao ano anterior

Publicado o 12/06/2019 18:21

O custo do absentismo laboral en España acadou os 85 millóns de euros o ano pasado. O absentismo por causas xustificadas ou inxustificadas medrou case un 10% respecto ao ano anterior e sitúase en cifras que non se acadaban desde 2009.

A maior parte débese a enfermidade ou accidente. 6 de cada cen traballadores estiveron de baixa o ano pasado por incapacidade temporal. 735.000 non puideron acudir ao seu posto en todo o ano. A industria e os servizos son os sectores máis afectados polo absentismo laboral.

Noticias web

12/06/2019