CRTVG

Buscar

O 98% dos incendios forestais son intencionados, segundo un informe de Seprona

Publicado o 29/07/2019 16:12

O número de detidos e investigados por incendios forestais neste primeiro semestre do ano duplica os do ano pasado. segundo un informe presentado está maña polo Seprona. O factor humano está cada vez máis presente neste tipo de sinistros, nunha porcentaxe que supera o 98% dos mesmos. Son datos dun informe presentado esta mañá polo Seprona.

En colaboración coa Fiscalía a Garda Civil identificou catro grandes perfís dos autores dos incendios, o cometido por prácticas tradicionais inadecuadas como a queima de rastroxos, o denominado sin sentido e dicir aquel que non gaña nada coas lapas, pola obtención de beneficios ou por vinganza. Iso sí a man do home está presente prácticamente no cento por cento dos casos

A Garda Civil quere recordar tamén a cidadanía a existencia da aplicación gratuita de móvil AlertCops que permite comunicar delitos as forzas e corpos de seguridade do estado en caso de emerxencia e de xeito sinxelo e privado.





 

Noticias web

29/07/2019