CRTVG

Buscar

O 96% dos falecidos nas estradas españolas son homes

Publicado o 21/07/2020 19:50

No 2019 morreron nas estradas españolas case 1.100 persoas. O 96%, practicamente todos, eran homes. E a metade deu positivo por alcol ou drogas cando se lle fixo a análise toxicolóxica ao corpo. O dato que máis chama a atención dos expertos é o da diferenza de falecidos segundo o sexo.

Antonio Alonso, director do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses: "Estamos falando dun 3,9 de mulleres e dun 96,1% de varóns condutores. Fíxense na transcendencia do dato: se o ano pasado só conduciran mulleres, en vez de falar de falar de 254 mortes asociadas ao consumo de alcol ou drogas, estariamos falando de 10 casos, é dicir, 25 veces menos".

O consumo de alcol baixou na última década, pero o de drogas aumentou un 8%. A que máis consumiron os condutores foi a marihuana. Deron positivo nela un 56% dos analizados.

O perfil dos condutores falecidos é o dun home de entre 25 e 54 anos. Estes datos recóllense na memoria do 2019 do Instituto Nacional de Toxicoloxía.

Noticias web

21/07/2020