CRTVG

Buscar

O 84% das xogadoras da División de Honra de Balonmán quere que se dea por finalizada a competición

Publicado o 14/04/2020 14:56

• A enquisa foi promovida por dúas xogadoras do Mecalia

Falamos dunha liga con unicamente 12 equipos. Responderon na enquisa 208 xogadoras, preto do 95% das que compiten, pero tamén 19 técnicos, 4 presidentes, 4 árbitros e 3 preparadores físicos. Unha enorme radiografía do balonmán feminino.

A pregunta clave é: que cres que debe pasar coa Liga? Un 16% fala de retomala se hai risco cero para a saúde. E, ollo, un84% indica que hai que dála por finalizada.

Tamén é clara a postura sobre os descensos e ascensos. Un 14% propón a posibilidade de organizar un play-off. Un 29% prefire que non haxa descensos e si dous ascensos, polo que a liga sería de 14 equipos. A maioría, un 52%, mantería a liga igual, sen descensos e sen ascensos.

Queda claro, moi claro, logo da enquisa que promoveron as xogadoras do Guardés Paulina Buforn e Carmen Campos, cal é a postura das xogadoras da máxima categoría do balonmán feminino.

Noticias web

14/04/2020