CRTVG

Buscar

O 80% dos postos na dirección de Inditex están ocupados por mulleres

Publicado o 25/09/2019 15:17

O 80 por cento dos 7.500 directivos da compañía son mulleres. Son datos que o propio presidente de Inditex, Pablo Isla, daba a coñecer nunhas xornadas de igualdade e que converten esta compañía, segundo dixo Isla, nunha empresa máis forte.

Inditex inclúe nestes datos as directoras de tenda, un cargo que pon en valor incluíndoas dentro dos postos directivos, ao nivel dunha dirección xeral. De feito, dirixen máis dun cento de traballadores e facturan entre 30 e 40 millóns de euros.

A multiculturalidade e a xuventude, máis dun 60% dos traballadores teñen menos de 30 anos, son outros dos trazos que definen o cadro de persoal de Inditex.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019