CRTVG

Buscar

O 61% dos condutores galegos admite reincidir en infraccións viarias

Publicado o 13/07/2020 15:25

Un millón de condutores galegos recoñece que cometeu infraccións viarias de alto risco no último ano. Máis da metade admite conducir de xeito habitual por riba dos límites de velocidade, case o 25 por cento asegura non respectar as distancias de seguridade, o 10 por cento recoñece falar polo móbil ao volante e o 4 por cento conducir baixo a influencia do alcohol.

Comportamentos que, segundo un informe da Fundación Línea Directa, colocan Galicia na cuarta comunidade onde hai máis condutores reincidentes superando en 6 puntos a media do país.

Segundo este informe, o perfil do condutor reincidente é no 80 por cento dos casos de home de mediana idade e con máis de 10 anos de carné. Actitudes que nos últimos dez anos fixeron que case 273.000 condutores en España perderan todos os puntos do carné. Máis de 17.000 ata en dúas ocasión e case 1.300 en tres. Infraccións contra a seguridade viaria polas que na actualidade hai 952 persoas en prisión.

Noticias web

13/07/2020