O 33 % dos contaxios de Galicia concéntranse na área sanitaria da Coruña
Publicado o 01/03/2021 15:44
O 33 % dos contaxios de Galicia concéntranse na área sanitaria da Coruña. Pilar Farjas, membro do comité clínico, explica que na área sanitaria a situación é difícil de controlar debido á alta mobilidade por motivos de traballo.
A área sanitaria coruñesa ten agora mesmo 1.711 casos activos, 99 menos ca onte. A pesar do descenso de casos, esta área sanitaria segue sendo a que máis preocupa. Os hospitais aínda soportan unha forte presión asistencial.
Os últimos datos do estudo de augas residuais da Coruña advirten dun incremento da carga viral na última semana.
Máis sobre A Coruña
10/04/2021 14:20
10/04/2021 13:29
09/04/2021 21:18