CRTVG

Buscar

O 33% das galegas maiores de 50 anos ten osteoporose

Publicado o 20/10/2020 16:09

Hoxe é o Día Mundial da Osteoporose, unha doenza que padecen unha de cada tres galegas maiores de 50 anos. Algúns chámanlle a doenza silenciosa, porque non avisa ata que os ósos fracturan.

Desde que tivo a menopausa, os ósos de Viqui son máis fráxiles.

Victoria Deus padece osteoporose: "Ao ter os ósos débiles é máis fácil que te rompas. Eu teño dúas costelas rotas neste momento por culpa dunha caída", di.

Ten osteoporose, o mesmo desgaste que rompeu a cadeira da súa nai. O mesmo trastorno que padecen o 33% das mulleres maiores de 50, aínda que moitas non o saben.

José León, xerente da Liga Reumatolóxica Galega: "Ti non te vas decatar de que tes osteoporose ata que teñas unha fractura ou rompas fácilmente".

Ademais de dolorosas, as fracturas poden ter forte impacto na calidade de vida das doentes. Por iso recomendan que despois da menopausia, as mulleres fagan controis densiométricos cada dous anos e comecen a fortalecer os ósos moito antes, cunha dieta variada.

"Desde peixe azul, sardiñas, lácteos, verduras...hai moita variedade neste país para facer unha dieta variada e equilibrada", aconsella José León.

A actividade física diaria é outra das rutinas indispensables, mesmo se toca quedar confinadas na casa.

Victoria Deus dá o seu consello: camiñar. "Pero se non podes saír da casa pois podes poñer música e bailar, a min encántame".

O apoio loxístico e emocional é outra das chaves para evitar que a osteoporose fracture a vida das que a padecen.



 

Noticias web

20/10/2020