CRTVG

Buscar

Nunha das últimas entrevistas de declarábase optimista ante o desafío separatista

Publicado o 10/05/2019 18:45

Desde a súa retirada da vida politica, Alfredo Pérez Rubalcaba non se prodigou nos medios. Unha das últimas entrevistas que concedeu foi en 2017 ao Canal Historia. Nela, o ex-líder socialista declarábase preocupado pero tamén optimista ante o desafío separatista e exhibía o sentido do humor dun químico a quen as voltas da vida levaron á política.

Alfredo Pérez Rubalcaba, ex-vicepresidente do Goberno: "Hai causas obxectivas que fan que outra xente que estaba cómoda en España deixara de estalo pero esa análise debe confortarnos, porque hai razóns obxectivas para saber o que está pasando e un pode actuar cando hai razóns obxectivas. Eu cando vía o hemiciclo desde a tribuna de oradores vía o sistema periódico. Había os gases nobles, as terras raras, os metais, que eran os meus: un grupo de xente moderada, maleable, ductil, brillante por momentos. E logo había os que non se levaban con ninguén"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019