CRTVG

Buscar

Núñez Seixas, galardoado co Premio Nacional de Ensaio 2019 por 'Suspiros de España'

Publicado o 29/10/2019 21:20

Escritor e catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago, Xosé Manuel Núñez Seixas foi galardoado este martes co Premio Nacional de Ensaio pola súa obra 'Suspiros de España: o nacionalismo español 1808-2018'. Recoñece que o termo 'nacionalismo español' ten certa mala sona porque se asocia a pervivencias do franquismo ou a determinadas forzas políticas. E o que acontece en Cataluña non axuda a superar esa idea. 

"Por un lado reforzaa porque lle da mais visibilidade ao nacionalismo español, pero prexudícaa porque fomenta o nacionalismo excluínte", asegura Núñez Seixas.

Fomentar ese nacionalismo excluinte é un arma de doble filo que pode dar a curto prozo reditos electorais pero, asegura, a larga é contraproducente.

"Aquí o que ten que imperar é a vontade da maioria", di.

Está convencido de que a historia describirá estes tempos como revoltos. Queda por ver si nos atopamos ante un mundo novo ou se trata só dun reaxuste. Entretanto, o profesor ourensán goza dun premio inesperado que, di, agradece enormemente.