CRTVG

Buscar

Núñez Feijóo inicia os contactos cos principais rexedores municipais de Galicia

Publicado o 12/09/2020 21:46

No inicio do seu cuarto mandato, marcado polo coronavirus, o presidente da Xunta inicia os contactos cos principais representantes do municipalismo en Galicia.

Alberto Núñez Feijóo remitiulle unha carta ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e aos alcaldes de seis das sete cidades galegas. Nesa misiva, que recibiron todos os rexedores, agás o de Ourense, o presidente galego pídelles unha elevada disposición ao traballo conxunto para a recuperación económica e social. O obxectivo, segundo se indica na carta, é traballar xuntos na protección da saúde dos cidadáns.

Noticias web

12/09/2020