CRTVG

Buscar

Núñez Feijóo cambia a axenda para asistir á manifestación do domingo en Madrid

Publicado o 08/02/2019 21:28

Pese ao cambio do Goberno con respecto a Cataluña, PP e Ciudadanos non só manteñen a manifestación senón que seguen sumando apoios. Finalmente acudirán o presidente da Xunta e o da Junta de Andalucía. Nun comunicado conxunto, os convocantes din que será un acto sen siglas, con protagonismo da sociedade civil.  PSOE, Podemos e Esquerda Unida secundan unha campaña nas redes sociais baixo o lema 'eu non vou'.

PP e Ciudadanos queren destacar o protagonismo dos cidadáns sobre as siglas. Por iso din que que serán membros da sociedade civil os que lerán o manifesto. Non especifican quen. Rexeitan expresamente no comunicado a presenza de grupos que non defendan os valores democráticos e de convivencia. Mentres, seguen sumando apoios e presenzas o domingo en Madrid. Tanto o presidente da Xunta como o de Andalucia modificaron as súas axendas para asistir á concentración.

E tamén estará Manuel Valls, candidato á alcaldía de Barcelona por unha plataforma que apoia Ciudadanos. Asistirá, dixo, sen complexos. Queren que sexa unha moción de censura na rúa contra Pedro Sánchez.

Unidos Podemos cre que é unha sobreactuación con fins electorais. Podemos, Esquerda Unida e PASOE súmanse a unha campaña nas redes sociais baixo a etiqueta 'eu non vou', como resposta a PP, C´S E VOX.

O presidente da Xunta adiantará a viaxe dos Estados Unidos para intentar asistir á concentración. Parécelle ben o cambio de actitude do Goberno con respecto a Cataluña, pero dubida da súa intención. Cre que Sanchez só intenta manterse no poder

Fronte ao posicionamento do PP, os grupos da oposición galega censuran a declaración institucional da Xunta e critican a manifestación convocada en Madrid.

 

Noticias web

08/02/2019