CRTVG

Buscar

Novos disturbios en Hong Kong contra a Lei de extradición de delincuentes á China

Publicado o 15/07/2019 08:55

Nova protesta en Hong Kong contra a suspendida Lei de extradición de delincuentes á China. Desta volta, os enfrontamentos foron nun centro comercial, onde centos de persoas entraran fuxindo dunha carga policial. No medio das tendas de luxo, policías e manifestantes mantiveron unha vendadeira batalla campal con escenas moi violentas. Malia que Hong Kong forma parte da China, funciona baixo unha normativa distinta. Os manifestantes consideran que os traslados dos detidos á China poderían vulnerar os seus dereitos individuais.

Noticias web

15/07/2019